AMBICIÓN

Aambición defínese como o de-sexo desordenado de conseguir algo, preferentemente diñeiro  ou poder, que case sempre van xuntos e que normalmente son empregados para acadar outras cousas que se ambicionan.
Con respecto á ambición do diñeiro, coido que podería considerarse como unha enfermidade, pois segundo os entendidos neste tema, non hai nada nas necesidades biolóxicas do ser humano que xustifique o desexo de facerse rico.
Mais o diñeiro en si mesmo non tería maior importancia que a que tiña para aqueles avaros que gozaban a contar as moedas de ouro  se non fose polo poder que trae aparellado e que tamén se pode conseguir por medio da política.
Eis a relación íntima dos cartos coa política, pois vese a cotío como por medio do diñeiro se consegue o poder político e por medio do poder político se conseguen os cartos, legalmente ou non.
Aínda que algúns xuren que “non foron á política para se facer ricos” ou que “non chegan a fin de mes”.

AMBICIÓN

Te puede interesar