Cousas de apelidos

Houbo unha época na cal os naturais destas terras lanzáronse á aventura polo mundo exterior e o seu destino estaba acoutado pola cantidade de diñeiro que eran capaces de xuntar para comprar un billete dun medio de locomoción. Así, algúns chegaron ás américas, outros a Múnic e moitos non pasaron dos Altos Hornos de Vizcaya. A maioría destes galaicos retornaron sendo galegos e outros regresaron cociñados á biscaíña a bordo dun Seat 1430 Supermirafiore.
Cando se acometeron os primeiros censos de nativos galaicos polas autoridades españolas, os autóctonos tiñan que dar información do seu nome propio e de como eran chamados polo resto dos seus conxéneres de forma repetida, de onde vén a palabra apelido. Houbo quen dixo que atendía por Antón e ante a consabida pregunta de Antón que máis? Respondía que Antón o do río. Así o pobre home pasaba a chamarse Dorrío ou Del Río.

Cousas de apelidos

Te puede interesar