Vaia polas ánimas

|

Tempo de lembranza pola ánimas ista semán, na que non hai quen non teña a quen lembrar, a quen votar en falta, incluso a aqueles ós que non tiñamos moi en conta de vivos. E mesmo, tamén, tempo para pensar nesta cidade o no seu futuro, que xa máis de un dí que Ferrol está máis morto que vivo nese pensamento tan ferrolán da negatividade e o catastrofismo. Pode parecelo, pero tamén poderíamos dicir que nunca chove que non escampara, aínda que non na medida que quixéramos. Mentres, aquí que non corre, voa como agoreiro sen necesidade de que sexa ou non tempo de ánimas. Xa dixen que todos temos alguén a quen chorar, mais que sexa polos vellos e non polos novos.

Vaia polas ánimas