O modelo importado do PP

Dicir que o modelo conservador americano, na moral e na política, é o modelo importado polo PP de Rajoy non é novo. Que levan moitos anos implantando unha ideoloxía ultraconservadora á sociedade, onde os modelos neocon imprimen carácter, tampouco é novidade. Pero aínda hai quen descoñece a profundidade e a vocación de non retorno de Rajoy e Feijóo nun pensamento político que pretende reducir o público á mínima expresión e facilitar o desembarco do privado a todos os niveis.

Hai varios anos que Susan George escribiu o seu libro “O Pensamento Secuestrado”, onde disecciona, con precisión de ciruxano, a realidade política que hoxe está xa plenamente instalada en España. Todo ten encaixe. Voltamos aos bós e malos. Triunfadores e fracasados. A dereita implanta unha cultura conservadora con moral católica: Gallardón e o seu ataque á Lei do Aborto. Ou como para reducir o Estado é preciso eliminar o Estado do Benestar…Non lle lembra a Rajoy? Teremos o estado do benestar que poidamos manter... Aparece nidiamente retratado o referido ao desprestixio da política e doas políticos. Lembran a Cospedal? Políticos sin soldo… Pretende acaso que tan só os ricos por cuna e os que teñen intereses poidan acceder? O PP cultiva e favorece o desprestixio da política. Sempre dixeron que eran xestores non políticos. E no río revolto sempre pescan mellor. A sociedade, nun momento duro da crise, acaba caendo na trampa conservadora da antipolítica.

 

O modelo importado do PP

Te puede interesar