Xa vale todo

|

Mércores ao mediodía estaba vendo o informativo de Tele 5 cando o presentador anunciou que ían reproducir a entrevista que lle fixeran esa mesma mañá en El programa de Ana Rosa -programa que nunca vin- a un mosso d’esquadra. Que ben!, dixen. Mais cal non sería a miña sorpresa cando vin que se trataba dunha gravación telefónica cunha persoa anónima, con voz destorcida e nulo acento catalán. Quen cun mínimo de luces pode acreditar nisto?, pensei. Que validez pode ter un testemuño anónimo? Que garantías de verosimilitude ofrece? Non vale dicir “un mosso que no quiere desvelar su identidad, por miedo”, para xustificar o que se nos ofrecía. Creo recordar que nas veces que estiven en Cataluña -unhas cantas- sempre escoitei algún mosso d’esquadra falando español na rúa, como escoitei ertzainas no País Vasco. E iso, que non ten maior problema, non me acaba de cadrar co do odio a todo o español co que esa persoa manifestaba convivir. Sería mosso en verdade? Penso que máis ben era unha outra manobra de confusión.Xogar a río revolto.

Xa vale todo