EMAFESA

Aínda ninguén explicou como foi posible que Emafesa non informara inmediatamente ao Concello, nin como esta anomalía escapou da supervisión do concelleiro de Servizos. Este último tería que contarnos a súa versión para así poder encaixar a primeira peza deste quebracabezas. 
Segundo á voceira local do PP, a empresa ocultou a información, e dá a sensación de que á Xunta perdeulles o poder xogar contra a corporación.
En todo caso, se facemos caso ás poucas explicacións municipais, é de supoñer que en días a equipa directiva da empresa mixta será cesada. 
A falta de rigor, e os xogos ás agachadas, evidencian que hai que facer cambios tanto en Emafesa como na comunicación entre esta e o concelleiro da Augas. Fai ben o grupo de goberno asumindo a primeira consecuencia política deste asunto, iniciar os procesos de remunicipalización e subrogación dos seus empregados.
 

EMAFESA

Te puede interesar