Patético

Resulta patético o esforzo que fan algunhas persoas para atenuar a culpa do Goberno do PP na desfeita que está a sufrir España.

Claro que é a conduta normal dos “estómagos agradecidos”, pois xa se sabe que a fidelidade “estomacal” é moito máis forte que a do corazón ou a cabeza. Pero esa fidelidade réstalle perspectiva aos defensores, xa que no canto de xulgar a situación actual, bótanlle a culpa de todo a gobernos anteriores.

Eu estou disposto a admitir que os problemas veñen de atrás, pero do que non hai dúbida é que hoxe estamos peor que hai un ano. Xa que logo, algo terá que ver D. Mariano no desastre, ¿ou non?

Conste que xa os vin peores que o sr. Rajoy, mais coido que ao noso actual presidente fáltalle capacidade para afrontar os problemas e ademais, non ten o valor necesario para dar un pau enriba da mesa e dicirlle a quen proceda que, ou nos deixan camiñar amodo, ou iremos por libre, ao noso xeito e xa cobrarán cando se poida.

 

Patético

Te puede interesar