Malfadado

Coido que é a maneira exacta de cualificar ao  Barrio de Recimil, ou mellor dito, ás pobres Casas Baratas dese barrio. Case a cotío, a sección de hai 25 anos deste xornal, trae algunha información sobre esta barriada, na que se denuncia a situación de abandono dos inmobles, as ocupacións ilegais, os problemas de convivencia e outros. Iso demostra a ineptitude dos políticos que nos gobernaron e gobernan que, agás algunha excepción, non escoitaron, nin escoitan aos veciños e nunca fixeron nada por aportar solucións. Como exemplo da desfeita poderíamos sinalar: ocupantes que non pagan nada; ocupantes que lles amargan a vida aos veciños; veciños que pagan máis do que deberían; veciños que quererían pagar máis e nunca lles deixaron e, casas baleiras que están a se deteriorar e non ingresan cartos ao Concello. Para quen non coñeza o tema, pode parecer unha historia de ciencia ficción, mais é a triste e demostrable realidade. Eu podo dar fe. Xa que logo, malfadado. Ou non?
 

Malfadado

Te puede interesar