Xestión

s primeiros meses despois dunhas municipais son moi duros para calquera novo goberno. Hai cousas que necesitan ser resoltas inmediatamente, como as festas da cidade, así como garantir que os distintos servizos e dependencias do Concello de Ferrol funcionan adecuadamente. Unha verdadeira carreira de obstáculos, e sorte se non atopas nada inesperado no fondo dun caixón.
Vemos, e este xornal así vaino recolléndoo, a determinación do novo goberno de Ángel Mato de abordar, con urxencia, todas as cuestións que afectan á cidadanía. Moitos son os asuntos que están sendo abordados e de diversa índole e importancia. 
Por citar algúns: hai un seguimento exhaustivo das obras da nova praza de Armas, e así tamén, desa primeira fase do mercado de Caranza –temas ben amarrados por María Lemos no mandato anterior– ou que xa pasa ao pleno o documento económico - financeiro, antesala duns novos orzamentos municipais.

Xestión

Te puede interesar