Escribir

|

Tempo atrás, lin un artigo sobre escribir un libro. O autor referíase ás facilidades que para escribir un libro, ten hoxe calquera “incapaz” que saiba facer unha “O” cun canoto e encher unas páxinas con catro vaguidades, aínda plaxiando a outros, a través do “corta e pega” do internet. Queixábase de que non esteamos nun momento importante das letras e de que, a mediocridade campa polo seu foro. Coido que o artigo non ten desperdicio e que serve como aviso a afeccionados imprudentes que, pretendendo escribir un libro, vanse meter nunha especie de coto pechado e faralles falta moita “caradura” para aturar as críticas que veñan. Sei do que falo, pois tiven a ilusión de escribir libros e publicáronme dous. Por sorte recibín dúas labazadas “intelectuais” que me curaron dese feo vicio. E xa nunca máis. Agora o problema é, se iso de escribir “calquera indocumentado”, aplícase tamén aos colaboradores xornalistas afeccionados. Se é así, que os deuses nos collan confesados. Amén. 

Escribir