Sempre tiven dúbidas sobre a lexitimidade do “Sindicato Manos Limpias”. Primeiro porque como traballador teño a idea de que un sindicato é unha asociación feita por e para traballadores, ou por grupos de profesionais. É dicir, calquera grupo con intereses comúns pode formar unha asociación ou sindicato, para defender eses intereses. Mais en todos os casos que coñezo, á beira do nome dos sindicatos hai unha identificación dos sindicados. Por exemplo, sindicato obreiro, de traballadores, da madeira, ou da construción... Ou sexa, que todos están identificados dalgún xeito. Pero iso das mans limpas, sospeitosamente, non identifica aos seus compoñentes, nin os intereses comúns que defenden, nin a orixe da súa finanzación. Agora sábese un pouco máis sobre este grupo e teño curiosidade por coñecer cantos e quen son os asociados e cal é a súa ocupación ou traballo. De todos xeitos, parece que de mans limpas nada, pois fálase xa de chantaxes, subornos e outras lindezas.