Ley Celaá

Quero ser respectuoso coas persoas. Mais, non deixa de sorprenderme que unha caravana de coches ou colexios concertados con lazos laranxas propaguen bulos, simplemente, porque non aceptan a capacidade das persoas de elixir libremente. Un pode ter a posición ideolóxica que queira ou vivir como considere (e na maioría dos casos como pode). Pero non se pode usar a mentira como estratexia, e todo para0 buscar b0ronca política.

Precisamente, a última reforma educativa vai garantir que as familias si poidan elixir libremente o centro público ou concertado que queiran e non ser discriminadas se non poden pagar as diversas taxas que poñen nesta última para segar o perfil, excluíndo ás familias máis vulnerables. Deberán ter os mesmos baremos que na pública, non poderán discriminar as nenas e deberán garantir a competencia tanto en castelán como en galego (tal e como di a nosa Constitución e o noso Estatuto).

 

Ley Celaá

Te puede interesar