TEMERIDADE

A finais de agosto, a Alternativa Galega de Esquerda (AGE) presentou no Parlamento galego unha interpelación preguntándolle ao Goberno da Xunta se era consciente da súa “temeridade” ao apoiar o funcionamento de Reganosa no interior da ría de Ferrol. O noso dicionario define temeridade como “imprudencia, ousadía; acción irreflexiva”. A min paréceme que a actuación do Goberno da Xunta neste asunto ten unha cualificación moito máis axeitada que a de temeridade, pois que hai unha sentenza do Tribunal Supremo que declara ilegal a mentada instalación “gasista”; porque o perigo a eles non lles afecta; porque poden actuar con ousadía xa que teñen o poder e porque non hai irreflexión, senón un coñecemento total da ilegalidade que supón o mantemento desa actividade no interior da ría e a tan escasa distancia de núcleos de poboación. E coido que esa trapallada non se pode amañar “buscando encaixes legais”. Nin con encaixe de “bolillos”. Pois non.      
 

TEMERIDADE

Te puede interesar