FIN DE FEIRAS

O luns, os telexornais facíanse eco do inicio das actividades en infantil e primaria nalgunha comunidade autónoma, paréceme que era Murcia a máis adiantada. Deume a sensación de que a maioría da rapazada non estaba moito polo labor escolar. Lucía o sol, algo que, cando menos por estes nosos pagos do norte peninsular, sempre asimilamos a vacacións. O período lectivo era o dos días curtos de luz, os da auga, os do frío... O que máis me chamou a atención foron as declaracións de determinadas nais agradecendo a chegada do período lectivo. Xa estaban fartas de non saber que facer cos fillos e fillas. Pois pensalo antes de concebilos. Unha boa maioría da rapazada gusta da escola e vai contenta a ela. Sempre e cando non sexa unha chea de horas diarias e a totalidade dos días do ano, como parecen dar a entender algunhas nais e pais. Como novidade a implantación nalgúns cursos da absurda e infumable lei promovida por Wert. Confiemos en que só teña vixencia este curso.
 

FIN DE FEIRAS

Te puede interesar