Fraude

No maio pasado o sindicato CSC presentou  denuncia ante inspección de traballo pola polémica dos cociñeiros becarios do chef Jordi Cruz. Non é un caso illado ou lonxano, nas nosas comarcas tamén se incumple a normativa laboral cubrindo postos estructurais e lucrándose en fraude cos convenios de prácticas. Os monitores de tempo libre dos campamentos de verán son un dos colectivos afectados. Certas entidades utilizanos como man de obra gratuita e sen o apoio imprescindible dun profesional titulado e experto que o guie e oriente na súa labor. Ademais esta situación impide a sana competencia doutras empresas que tratan de cumplir os requisitos legais. Sendo inminente a vindeira campaña é necesario recordarlles ás xerencias, ás direccións/coordinaccións de campamento e aos concellos contratantes, a súa gran responsabilidade ante os posibles accidentes que poidan suceder nesas circunstancias.

Fraude

Te puede interesar