Barullo, moito barullo que oculta a grave situación de Galiza. Por iso é de agradecer a reflexión que partillou o secretario xeral da CIG, Suso Seixo,o pasado 10 de marzo. Lembrounos, o Suso, que na Galiza hai 243.000 persoas desempregadas das que o 43,3 por cento leva máis de dous anos no paro e menos do 50% percibe algún tipo de prestación. E tamén que os nosos fillos, os netos de Amador e Daniel, afrontan peores condicións laborais e salariais. E que na Galizadeixamos no camiño sectores produtivos do agro, mar, naval. Vendemos o noso sector financeiro. Enviamos á nosa mocidade á emigración e ficamos cunha poboación envellecida . Polo que,as consecuencias de sermos un país periférico respecto da UE e do estado español agrávanse.Falamos de emerxencias? velaí unha: Galiza, os seus cidadáns. De certo que convén lembrarllo a aqueles que teñen responsabilidades nesta deriva e aos que pretenden ocultalo.