Urxencia

Seica agora hai urxencia por formar goberno, pois resulta que “España non ten tempo”. Non é que haxa milleiros de familias que están a pasalo mal e non poden agardar por un goberno que amañe os seus problemas. Non é iso. Simplemente é que “España non ten tempo”. Mal raio que os parta! Antes non había présa, e por iso o Sr. Rajoy díxolle a El Rei que “nones” e deseguida, díxolle tamén que non ao Sr. Sánchez, no canto de votar a favor para que formase goberno. Pero non, daquela non había présa. Mais agora e distinto: trátase de que goberne o PP e, non sei por que razón, resulta que o PSOE está obrigado a facilitar a investidura daquel que non quixo deixar gobernar ao Sr. Sánchez. E xorden presións para que os socialistas colaboren cun partido político enfangado de corrupción ata as orellas. Coido que algunhas vellas glorias socialistas (?) ata perderon o sentido da dignidade. Se o seu fundador Pablo Iglesias levantara a cabeza, morrería coa vergoña. Seguro.

Urxencia

Te puede interesar