Confeso que ata hai catro ou cinco días non tiña nin idea da existencia dunha señora chamada Concepción Dancausa. Nin sequera recordaba, se é que algunha vez o souben, que na Comunidade de Madrid houbese unha muller en funcións á fronte da Delegación do Goberno, organismo, por outra parte, ó que nunca lle vin sentido ningún. Para que unha delegación onde xa hai un goberno enteiro? Para aforrar desde logo que non é. En fin. Como creo que lle acontece á inmensa maioría dos habitantes do Estado español descoñezo os nomes dos delegados das comunidades autónomas, a nosa incluída, porque tampouco acabo de entender para que poden servir. O Estado no que residimos está integrado niso que chamamos Unión Europea –iso que de unión non ten exactamente moito–, que é quen leva, trae e mangonea os nosos cartos, cuestión nada menor para o desenvolvemento do conxunto dunha sociedade que agrupa uns cantos millóns de persoas. Malia este papel económico transcendental a Unión Europea ten algún tipo de delegado ou delegada en cada un dos territorios que a conforman? É evidente que non. Alguén ten escoitado que nalgún momento do pasado ou do futuro se pensase en crear esa figura? Penso que tampouco. Xa que logo para que existen delegacións do Estado en tódalas comunidades autónomas? Nalgún caso semella que para crear problemas onde non os hai.
Na tarde-noite de hoxe, os amadores do fútbol temos unha importante cita: a final da copa que van disputar o Sevilla FC e o FC Barcelona. Pois ben, como é máis que sabido, a citada señora delegada en funcións, de nome ata ese instante para min descoñecido, decidiu que había que prohibir a entrada ó estadio Vicente Calderón da xente con bandeiras catalás estreladas. Para cumprir este obxectivo tiña previsto un nutrido e, loxicamentem, costosísimo despregue policial. Nótase que non lle ía ir ó peto. Perante barbaridade tamaña, as lóxicas e razoables protestas non se fixeron esperar. Visto o visto, algúns membros do goberno do PP en funcións, despois de botar balóns fóra, atribuíndolle a decisión en exclusiva á señora delegada en funcións, sentíronse na obriga de xustificar o inxustificable. Ó meu entender, foron bastantes penosas e vergoñentas as intervencións tanto da vicepresidenta en funcións como do ministro do interior, así mesmo, en funcións. Total, que, como xa sabemos, a cousa acabou nos xulgados e o bo entendemento dun xuíz –o do contencioso nº 11 de Madrid– ditaminou que non había lugar á prohibición. Transcendeu tamén, que os sindicatos policiais respiraron tranquilos, por entenderen que a medida que pretendía tomar a señora delegada en funcións podería xerar máis problemas dos que, en teoría, quería resolver.
Imperou a razón e, xa que logo, haberá bandeiras catalás con estrelas e sen estrelas, como tamén as haberá do Barça e do Sevilla, e agardemos que bo ambiente e, se for posible, xogo bonito. Se cadra, tamén pode haber asubíos, mais eses non matan ninguén. A señora en cuestión –e en funcións– non debe coñecer aquilo de que “el problema catalán no se puede resolver, sólo se puede conllevar; es un problema perpetuo y lo seguirá siendo mientras España subsista”, que aló polos anos trinta dixo Ortega y Gasset, quen, que saibamos, non era catalán. Torpezas, pois, fóra.
Cando tales escoitei, falei cun amigo catalán, que adoita vir pola Coruña con relativa frecuencia, para lle encargar que me mercase unha bandeira catalá con estrela, para poder exhibila nas ocasións que o requiran. Obviamente, a estrelada galega hai varias décadas que me acompaña.Confeso que ata hai catro ou cinco días non tiña nin idea da existencia dunha señora chamada Concepción Dancausa. Nin sequera recordaba, se é que algunha vez o souben, que na Comunidade de Madrid houbese unha muller en funcións á fronte da Delegación do Goberno, organismo, por outra parte, ó que nunca lle vin sentido ningún. Para que unha delegación onde xa hai un goberno enteiro? Para aforrar desde logo que non é. En fin. Como creo que lle acontece á inmensa maioría dos habitantes do Estado español descoñezo os nomes dos delegados das comunidades autónomas, a nosa incluída, porque tampouco acabo de entender para que poden servir. O Estado no que residimos está integrado niso que chamamos Unión Europea –iso que de unión non ten exactamente moito–, que é quen leva, trae e mangonea os nosos cartos, cuestión nada menor para o desenvolvemento do conxunto dunha sociedade que agrupa uns cantos millóns de persoas. Malia este papel económico transcendental a Unión Europea ten algún tipo de delegado ou delegada en cada un dos territorios que a conforman? É evidente que non. Alguén ten escoitado que nalgún momento do pasado ou do futuro se pensase en crear esa figura? Penso que tampouco. Xa que logo para que existen delegacións do Estado en tódalas comunidades autónomas? Nalgún caso semella que para crear problemas onde non os hai.
Na tarde-noite de hoxe, os amadores do fútbol temos unha importante cita: a final da copa que van disputar o Sevilla FC e o FC Barcelona. Pois ben, como é máis que sabido, a citada señora delegada en funcións, de nome ata ese instante para min descoñecido, decidiu que había que prohibir a entrada ó estadio Vicente Calderón da xente con bandeiras catalás estreladas. Para cumprir este obxectivo tiña previsto un nutrido e, loxicamentem, costosísimo despregue policial. Nótase que non lle ía ir ó peto. Perante barbaridade tamaña, as lóxicas e razoables protestas non se fixeron esperar. Visto o visto, algúns membros do goberno do PP en funcións, despois de botar balóns fóra, atribuíndolle a decisión en exclusiva á señora delegada en funcións, sentíronse na obriga de xustificar o inxustificable. Ó meu entender, foron bastantes penosas e vergoñentas as intervencións tanto da vicepresidenta en funcións como do ministro do interior, así mesmo, en funcións. Total, que, como xa sabemos, a cousa acabou nos xulgados e o bo entendemento dun xuíz –o do contencioso nº 11 de Madrid– ditaminou que non había lugar á prohibición. Transcendeu tamén, que os sindicatos policiais respiraron tranquilos, por entenderen que a medida que pretendía tomar a señora delegada en funcións podería xerar máis problemas dos que, en teoría, quería resolver.
Imperou a razón e, xa que logo, haberá bandeiras catalás con estrelas e sen estrelas, como tamén as haberá do Barça e do Sevilla, e agardemos que bo ambiente e, se for posible, xogo bonito. Se cadra, tamén pode haber asubíos, mais eses non matan ninguén. A señora en cuestión –e en funcións– non debe coñecer aquilo de que “el problema catalán no se puede resolver, sólo se puede conllevar; es un problema perpetuo y lo seguirá siendo mientras España subsista”, que aló polos anos trinta dixo Ortega y Gasset, quen, que saibamos, non era catalán. Torpezas, pois, fóra.
Cando tales escoitei, falei cun amigo catalán, que adoita vir pola Coruña con relativa frecuencia, para lle encargar que me mercase unha bandeira catalá con estrela, para poder exhibila nas ocasións que o requiran. Obviamente, a estrelada galega hai varias décadas que me acompaña.