ode resultar sorprendente que un home culto como o señor Solchaga faga unhas afirmacións tan desconcertantes, como dicir que, os pensionistas non teñen razón, nas súas protestas. Mais pensándoo ben, é posible que teña razón, porque dun xeito inconsciente entende que, el está recibindo unha pensión, sen ter pagado nin a metade do que percibe. E como é que don Carlos caia neste erro de considerar que todos os pensionistas cobran como el? A explicación é moi sinxela: porque nunca foi socialista, aínda que chegara a ministro grazas a ese partido. E isto quedou moi claro, cando don Nicolás Redondo o acusou de haberse “equivocado de trinchera”. Pero non, o equivocado non era Solchaga, senón o señor Redondo, porque Solchaga sempre estivo –e segue estando– do lado dos que viven ben. Xa que logo , non hai lugar para a sorpresa, pois como dixo o filósofo, máis ou menos, cada un é cada un máis as súas circunstancias. E don Carlos sempre foi don Carlos. Ou non é?