Parque dos pavos

A verdade é que a noticia nos termos que nola presentou o PP resulta unha provocación. Recén rematada a reforma do Parque Municipal descólgase o goberno de Rey Varela cun proxecto que non só substitúe un recurso pedagóxico por unha cafetaría se non que ademais pretende privatizar en ocasións o citado espazo público. Pode que eu sexa moi crítico pero xa me explicarán como se entende doutro xeito a cesión da pista central, a que articula todo o recinto, para vodas, comuñóns ou outros eventos similares. O contraste co tratamento que se lle dá á Aula de Ecoloxía Urbana é brutal, non hai nin tan sequera un espazo coñecido destinado á súa recolocación. Non é menor o abandono material que sofre Aquaciencia, con varios dos seus elementos estragados e pechados ao público. Xa coñecen a nosa posición, o conxunto didáctico formado por estes dous centros é absolutamente prioritario, algo normal nunha sociedade avanzada.

 

Parque dos pavos

Te puede interesar