Sobredose de paciencia

Ás veces pregúntome onde está o meu límite de paciencia e onde é que está o dos demais.
Paciencia cando unha pasa mañá, tarde e noite respondendo atentamente a un tsunami humano por todas as vías posibles, cando unha está sacrificando parcelas da súa vida fóra das súas catro horas de traballo oficiais, e hai quen protesta por falta de atención inmediata, e non son precisamente os que máis esperan. A paciencia dunha persoa á que atropelan nun paso de cebra mentres quen che deixa ferido, coa alma e o corpo contra o chan, dáse á fuga como covarde que se antepón ante todo e a todos.
A paciencia de quen asiste atónita ao seu propio ninguneo por parte de terceiras persoas que parece quixeran ser primeiras. De quen, na súa mediocridade, se cre máis que os demais. Despois deste desafogo, a promesa é volverme poñer á cola na que se reparte a paciencia, prefiro unha sobredose de paciencia que estar no outro lado da balanza.

Sobredose de paciencia

Te puede interesar