Dos medos

O medo, esa perturbación escura do ánimo que asoma inesperadamente dende calquera circunstancia, e que se adhire ao noso ánimo afogando a razón e impoñendo unha alerta que ocupa todos os sentidos, está facendo o agosto nestes tempos. Ante as ameazas de pandemias, contaxios e crises, empezan a medrar as mentiras e os bucles incrementando o tamaño do desastre. A creba da confianza e a manipulación crónica, impide a conciliación coa tranquilidade e o sentidiño. Os medos son unha podremia radical da convivencia. Hainos de todos os formatos e texturas. E cohabitan connosco dende a noite dos tempos. Certamente, os medos forman parten da condición humana. Nos tempos da escuridade da ciencia, a imposición do designio divino, ocupouse de asentar temores diversos baseados na idea de estar sometidos a vixilancias universais e permanentes. Ou a do castigo divino pola culpabilidade humana ante calquera mal que acontecía. Hai tantos medos coma persoas e cada unha delas, amparándose na súa propia escala de prioridades, establece rankings persoais e intransferibles. Os medos non coñecen fronteiras, nin tampouco asuntos que lles sexan alleos. Empezan polo temor aos diferentes, ao que chega de fóra e derivan en xenofobias e racismos, ou en poñer en corentena aos que aman diferente, ou aos que votan distinto. Medos que xorden dos maniqueísmos exacerbados, ou por fobias mal dixeridas, ou por faltar a clase o día que explicaron a diversidade, a tolerancia e o respecto. O medo está preto do odio, xa saben. Aquelo que se descoñece acaba sendo temido, e a desconfianza remata sempre en odio.

Non teño máis medida que sentirte – dixo El – facer visible a néboa reservada do eco dos teus pasos ou observarte, silenciosa, ordenando as memorias por afectos nos armarios amplos da nostalxia... Pensarte é unha pulsión activa de sentidos... 

Dos medos

Te puede interesar