ABRAIANTE

Coido que o anuncio do aumento de tres euros nas pensións non pode deixar indiferente a ninguén e que, a moita xente, produciralle  asombro, pasmo ou admiración, é dicir, que quedarán abraiados. A cousa non é para menos, pois segundo dixo o presidente do Goberno, esa suba aumentará a capacidade adquisitiva da xente e, máis aínda, se temos en conta  que os prezos non subiron ou subiron moi pouco. Grazas a iso, cada mes poderase mercar unha barra de pan máis, un litro de leite máis, un quilo de arroz máis e unha lata máis de sardiñas, o que sen dúbida repercutirá na melloría da alimentación das familias. Mais eu aconsellaría aos beneficiarios da suba que destinasen parte dela á compra de algo de froita e verduras, para non caer no risco da obesidade, como parece que pasou cos nenos madrileños. Agora xa se poderá combater ese problema co aumento do poder adquisitivo deses tres euros aos que as amas de casa sacarán un importante rendemento. Abraiante, verdade?

 

ABRAIANTE

Te puede interesar