PROBREZA DAS PROMESAS

Temos 271 persoas máis no paro  en Ferrol e iso son outras tantas angustias e necesidades que golpean ás familias. Pequenos dramas que non traspasan os confortables muros do Monte Pío de Feijóo. Caen as afiliacións á Seguridade Social como se desfán as promesas do PP. En Ferrol nada sabemos da carga de traballo prometida a Navantia: aquela flota de  Pemex que nos devolvería a El Dorado e que resta afundida nos Sargazos das mentiras made in Feijóo; as tardías pezas do flotel que non deixan facer en Fene e que levan ao sur; a desaparición no orzamento dos BAM da Armada; o escándalo do dique flotante de Feijóo…, e tantas outras mentiras electorais que corrompen a nosa vida política e que supoñen  pobreza para a xente do común. A pobreza das promesas do PP nos convoca a constituír unha barricada de esperanza, feita de suxeitos e entidades plurais, que enche de verdade un programa de transformación social que supoña traballo, pan, vivenda e dignidade. E mandar ao PP e aos que fan esas políticas de dereitas á terra do olvido.

 

PROBREZA DAS PROMESAS

Te puede interesar