De letras desesperadas

Sei que cando lea estas letras o meu amigo e veciño Celso , máis unha vez, non gostará do que escribo. Sempre me fai as críticas máis duras, aínda que pensa que nin o escoito.
E agradézollo por dous motivos: o primeiro porque normalmente está atinado e o segundo , que ten o seu aquel, porque, dese xeito, sei que hai alguén aí fóra que me le.
O Celso, loitador igual que a súa compañeira Elisa, opina que os que somos quen de nos espir diante do mundo, non podemos desaproveitar a ocasión con mexericadas e que debemos pórlle voz ás voces silenciadas, denunciar as inxustizas, as políticas que nos levan ao desastre... E certamente, amigo, as letras que fun quen de casar hoxe fanme merecedor dunha crítica feroz.
Ollo os abruñeiros sen froito. Os prados a monte. A maré a bater na barra. E nas fochancas dos camiños afóganse as estrelas. Ontes barruzou en Mañente.

De letras desesperadas

Te puede interesar