Descaro

Resulta incrible o descaro dalgúns cargos do PP, que teiman en botarlle a culpa do fracaso do  dique flotante ao socialista Almunia. Calquera que pense un pouco no asunto, poderá tirar unha de dúas conclusións: ou ben os autores desas declaracións son uns inocentes indocumentados, ou teñen unha desfachatez impresionante e coidan que os demais somos un fato de cándidos, ignorantes e tarados. Porque hai que supoñer que o sr. Almunia non é quen manda en Europa, senón que terá que ceñirse a unas normas establecidas polos verdadeiros “amos” da Unión, que non son outros que os representantes da dereita europea, capitaneados pola señora Merkel, a quen o presidente español lle fai “a pelota” publicamente. Botarlle a culpa a Almunia demostra a escasa talla política dos seus acusadores, incapaces de atopar unha escusa mellor para xustificar a súa ineptitude e submisión a unha política antisocial que está causando a ruína de milleiros de familias de toda Europa. 

Descaro

Te puede interesar