Equilibrio

Neste iniciado 2016 cumprense 20 anos da sinatura do convenio entre a Deputación da Coruña e a maioría dos concellos da provincia para potenciar as prestacións básicas en servizos sociais. De gran relevancia para todos eles, foi vital para as pequenas entidades locais rurais con menores posibilidades económicas e nulo ou escaso desenvolvemento desa área.
A xestión municipal favoreceu entre outros:1- A linealidade, continuidade e maior accesibilidade ós servizos grazas á atención directa cinco días á semán. 2- Promoción e información para o coñecemento das múltiples opcións dos servizos. 3- Estudio e investigación de demandas e necesidades. 4- Coordinación con outros sistemas. 5- Accións de formación, emprego, igualdade, ocio, asociacionismo,  animación, participación e traballo comunitario no propio medio. Unha iniciativa pioneira que aportou máis equilibrio entre a cidadanía independentemente da súa residencia.

Equilibrio

Te puede interesar