No verán de 2006, unha “estate” moi calorosa, batín en Siena cun libro de poemas que me chamou a atención. Na capa mostraba muller dentro dunha copa dun líquido que ben podía ser licor. O libro levaba por título “Poesie d’amore per donne ubriacche”, e o autor era un nachiño de Monza, residente en Cornualles, chamado Alberto Calligaris.
Os poemas, afoutados, escabrosos, mesmo obscenos, provocaron en mín sensacións encontradas. A meirande, a de verquer un libro a un dos idiomas nos que adoito manexarme. Neste caso, dado o interese mostrado por Antonio Huerga, ao español. No que o título de Calligaris resultaba “Poemas de amor para mujeres borrachas”. Que acaba de ver por fin a luz.
Tardou moito, e non pola miña desidia, que o orixinal foi entregado hai tempo. Mais publicar poesía non sei se é chorar, mais labor certamente complexo. Érao. Agora coa crise ven sendo un dos famosos traballos de Hércules. O libro está por fin na rúa, con capa diferente. Poisque agora representa un anaco de “A bacanal” de Tiziano. Non sei que opinará Calligaris, a quen aínda non coñezo persoalmente. De mí, como traductor, direi que estou feliz. E un pouco peneque.