ESPERANZA VERDE

As rúas do país onte se tinguiron do verde da esperanza; verdes pequenos de nenas e nenos, verdes grandes de pais e nais, de mestras e mestres, dun profesorado, fartodunha política de pura sabotaxe contra o ensino público, sabotaxe que adquire a forma de recortes nos orzamentos (dende que goberna Feijóo o ensino público perdeu 358 millóns de euros, un 25% dos recursos económicos adicadosaoensino público, namentras a privada concertada vampiriza para o cuatrienio mil millóns de euros), redución das plantillas de profesorado, de recorte nas becas, de repago nos comedores escolares, de bloqueo no acceso áuniversidade para os fillos das familias traballadoras. O ministro da wertgoña e o conselleiro obediente do inglés xa saben o que pensa a cidadaníatraballadora, que fixo un seguimento masivo nas aulas públicas e incluso significativo nas concertadas e que encheu as rúas dese verde que anuncia a derrota dunproxecto de sabotaxe e destrución do ensino público. A Lomce suspendeuonte en todas as escolas do país.

ESPERANZA VERDE

Te puede interesar