Integral

|

Un indicador claro de que non se está prestando unha atención integral e multidisciplinar é o feito de que tan so un de cada catro recursos de paliativos conta na actualidade con psicólogos e traballadores sociais.”
Así se expresaba Ana Tordable,da Sociedade española de coidados paliativos, que días atrais conxuntamente con outras entidades celebraron o día mundial dos coidados paliativos.Aclararon que o concepto de dor total,común nestes casos,implica unha abordaxe de áspectos físicos,psíquicos,familiares,sociais e espirituais.Aportaron tamén solucións aos déficits deste ámbito: 1-Aumentar a presenza de psicólogos e traballadores sociais.2-Incrementar e redistribuir os recursos actuais.3-Formación e sensibilización do persoal sanitario.Na nosa área sanitaria reconforta saber que a unidade de coidados paliativos enmarcado no Hospital naval cumple xa con algunha desas propostas. 

Integral