Ferrol Vello

A primeira impresión que levan estes turistas que atracan no noso porto, creo que non será moi positiva. Desembarcar e atoparse cun barrio que cae por anacos non é boa tarxeta de presentación. Pero, menos debe gustarlle á veciñanza ver como Ferrol Vello vai esmorecendo pola desidia das diversas Administracións.
Estes días está a debate o plan de recuperación deste barrio. A maior parte do traballo vén feito do mandato municipal anterior e agora preséntase para a súa aprobación. Imos ter unha oportunidade para o barrio, os seus veciños e para a cidade.
Quizais, o máis salientable é cando xorden iniciativas dende dentro como as xornadas que, este martes e o vindeiro, fanse na súa Praza Vella. Unha cidadanía que participa aportando a un proxecto de cidade é a mellor garantía de futuro. Un acerto da Comisión Cidadá para a Recuperación de Ferrol Vello.

 

Ferrol Vello

Te puede interesar