Outra volta, o naval

Máis unha vez, a cidadanía percorreu  as rúas da cidade disposta a manter a loita na defensa do naval. Si. Outra volta o naval, porque o compromiso do ministro Cristóbal Montoro de construción dun buque militar non é nin un boceto de proxecto. Porque pasado un ano, séguese sen cortar a chapa do flotel de Pemex. Si. 
Outra volta o naval, porque a ausencia de carga de traballo en Navantia desangra ás empresas auxiliares e provoca a perda de miles de postos de traballo. Porque, máis unha vez, os gobernos –español, galego e municipal– con maioría absoluta do PP reducen a súa acción política a simple propaganda electoral.
Si. Outra volta o naval, a esparexer o sector como a alternativa capaz de xerar a riqueza necesaria que rebaixe até límites tolerábeis o desemprego que nos asfixia. Velaí, pois, repetidas as consignas esixindo carga de traballo, construción do dique e levantamento do veto á antiga Astano.

 

Outra volta, o naval

Te puede interesar