Os perdedores

Marabilla a fachenda coa que algúns presumen de vencedores e nos refregan polo nariz a nosa condición de perdedores. Coido que perder non lle gusta a ninguén, pero máis doloroso que perder resulta, que che estean chamando perdedor constantemente. Somos millóns os que, dun xeito ou outro, perdemos coa sublevación do ano 36; moitos perderon a propia vida, ou a dos pais, irmáns ou familiares; outros perderon traballo e facenda e víronse obrigados a fuxir da súa terra. É dicir, houbo moita xente que perdeu, pero tamén houbo moitos que gañaron e se aproveitaron da desgraza dos que perderon. Agora seguimos igual. Pronto se cumprirán oitenta anos daquela desfeita e segue habendo perdedores e vencedores. E os perdedores seguimos a ser os mesmos; e tamén son os mesmos os vencedores. Pois ben, eu dígolles que vencer vencerían, pero nunca convencerán e estarán condenados a facer en solitario a dura travesía do deserto, porque a vida non perdoa. Seguide pois coa vosa vitoria.

Os perdedores

Te puede interesar