Imparcialidade

|

Para un observador interesado nos vaivéns da política, ten que resultar moi complicado atopar algo de verdade nas cuantiosas informacións ofrecidas polos diferentes medios de comunicación. É dicir, mesmo nun só xornal, podemos achar diferentes opinións sobre  calquera tema,  deixándonos bastante desorientados. Eis o panorama actual entre goberno e oposición, cruzándose entre eles acusacións como “feixistas”, “comunistas”, “traidores”, “golpistas”, “vendepatrias” e outras lindezas. A impresión que pode sacar alguén que queira xulgar con imparcialidade é que, “todos son iguais”. E nembargante non é verdade; porque non é igual prohibir que “despenalizar”; porque non é o mesmo impoñer que dialogar. De momento, falando de números, a min paréceme que non é igual o 0´25 que o 0´9,  ou os 750 que os 950 . E semella que haberá algunha outra diferenza máis. En calquera caso, sempre poderemos botar man dalgún sabio consello como o de ”polos seus feitos os coñeceredes”. Non é? 

Imparcialidade