Aburrido

Leo estes días no Diario de Ferrol columnas de opinión que están a defender o proceso secesionista de Cataluña, e mesmo que nel xustifican as aspiracións dalgúns a que Galicia tamén sexa independente. Espántame a pouco visión de futuro, aínda que sempre baixo o respecto á opinión dos demais e ó dereito de expresión e a liberdade coa que moitos se poden achegar a estas páxinas para facela posible. O que non entendo é que, a pesares de comprobar día a día os efectos que o independentismo catalán ten na súa propia sociedade e na economía desta comunidad autónoma, teimen sen maior capacidade de análise en establecer comparativas. Aviados imos. E eu, aburrido xa.

Aburrido

Te puede interesar