Batalla

|

ras sete meses de tramitación e millorada coas propostas da sociedade civil galega,o consello da Xunta aprobou o proxecto de lei de impulso demográfico. O seu obxectivo é que todas as familias que queiran ter fillos conten coas máximas facilidades para tal fin. Incorpora elementos moi importantes, entre eles: universalización da educación infantil de 0 a 3 anos, prórroga na tarxeta benvida, abordaxe integral da soidade non desexada, recuperación de vivendas baleiras, extensión de recursos de conciliación todos os períodos non lectivos, prioridade na formación para os coidados no ámbito familiar.
Toda unha batería de múltiples e variadas medidas que sen dúbidas axudarán ás novas familias, mais ao meu pesar, aqui coincido coa opinión de Juan Antonio Panero, mestre xubilado estudioso e defensor das tradicións e o medio rural: ”Non hai fórmulas máxicas,os pobos morren, a batalla está perdida”. 

Batalla