Candidatos

É evidente, estamos a oito meses das eleccións municipais. Os nervios de algunhas persoas que aspiran a xogar un papel destacado afloran xa. Incluso métennos a outros por medio, máis non pasa nada. A algúns aválanos o camiño andado.
Á marxe de que todos esperan a hexemonía de Sestayo no PSdeG e de EU na “marea” local, si aconsello á esquerda un pouco de acougo. O importante seguen a ser os cidadáns, e aquí esa suma de vontades colectivas chámase Ferrol; máis agora que, como afirma o eurodeputado socialista Pepe Blanco, o noso único veto vén da man do PP.
Unha dereita que quere desmantelar os Concellos e os seus servizos, para entregarllos á voracidade desa nova especulación, que eles chaman “recuperación económica”. No 2015 xogámonos moito en Ferrol. E por iso, as nosas xentes, están á espera de que nas esquerdas locais deixen de mirarse o embigo.

 

Candidatos

Te puede interesar