Para calquera que se mova un pouco polo centro da nosa cidade, ten que resultar evidente que, o pequeno comercio esmorece e que, está case a piques de desaparecer, se non se fai pronto algo para “reflotalo”. Tamén é evidente que as causas desta desfeita, como case todo o mundo sabe, son varias e importantes e que, se encadean entre si. Algunhas son, a escaseza de traballo, a perda de poboación, a carestía dos alugueiros e a chegada das grandes superficies, que representan graves inconvenientes para que o comercio de proximidade poida desempeñar normalmente a súa misión, coa súa atención personalizada e intimista. Mais coido que hai outro problema, que é a falta de vocación para relevar aos que se xubilan despois de toda unha vida de atención aos clientes. Actualmente son poucos os relevos que hai e, case sempre a cargo de animosas mulleres que enfrontan a aventura. Mulleres tiñan que ser!! Porque está claro que, sen elas, nin o comercio funciona. Digo eu, claro.