Sentido adeus

Amedia tarde do pasado sábado, o camarada cedeirés Alejandro del Río dábame a triste nova da morte do común amigo Álvaro Porto Dapena. Malia saber do seu estado, fiquei anonadado. E sigo dándolle voltas. Souben da súa existencia en 1973, cando andaba a facer a miña tese de licenciatura sobre a fala de Cabalar (A Capela), xa que Álvaro fora un abandeirado -excelente- neste tipo de investigacións coa súa tese de doutoramento El gallego hablado en la comarca ferrolana, defendida en 1972 na Universidade Complutense de Madrid, onde xa era profesor. Mais non cheguei a coñecelo persoalmente ata 1997, cando gañou unha cátedra de Filoloxía Española na Universidade da Coruña. Daquela a hoxe mantivemos unha moi cordial relación, tanto na Facultade como fóra dela, nomeadamente en Cedeira. Era un home afable e cordial, cun enorme sentido do humor, moi galego, que poñía de manifesto inclusive en latín, xa que era quen de se expresar, por oral e por escrito, na lingua do Lacio. Por veces ata o facía nos cafés de media mañá no bar da Facultade. Hai uns días, neste noso xornal, o catedrático Óscar Loureda, benquerido colega e amigo, manifestaba que para el era un filólogo, opinión que comparto plenamente. 
 

Sentido adeus

Te puede interesar