OPOSICIÓN A FERROL

A coalición electoral do señor Beiras ten levado ao Parlamento de Galicia a súa permanente contradición discursiva con respecto a Ferrol. Os que din querer defender Ferrol, votan no Hórreo en contra dos intereses de Ferrol, porque a realidade é que AGE está en contra de Ferrol. E así o amosa día tras día. Piden o peche da planta de gas de Reganosa, e se esquecen dos 65 empregos directos, dos 100 indirectos que induce, e das 7.000 persoas que traballan nas industrias ás que Reganosa subministra o gas para a súa actividade. Se esquecen tamén de que gracias a Reganosa, 12 gaseiros reparan e realizan distintas operacións técnicas todolos anos nas instalacións do asteleiro de Navantia Ferrol. AGE ten proposto tamen no Parlamento galego o peche da central térmica de As Pontes. Para eles non valen nada as 297 persoas do plantel de traballadores de Endesa en As Pontes, nin os 500 empregos indirectos que xenera a central. Os de Beiras queren pechar a central, que é o mesmo que pechar As Pontes. Din querer representar a Ferrol, e o mesmo tempo están en contra do proxecto do tren ao Porto Exterior, utilizando falsas excusas medioambientais para frear un proxecto determinante para garantir a intermodalidade e a plena operatividade do porto exterior de Caneliñas, un porto que xenera 5000 empregos, entre directos e indirectos. Eses empregos non lles importan. Por si non fose suficiente, os de Beiras teñen pedido no Parlamento a paralización e redeseño das obras de finalización do saneamento da ría de Ferrol, pretendendo un replantexamento integral do proxecto. E isto, cando Ferrol está a piques de comenzar a depurar as augas da ría. Beiras defende volver a empezar, esquecéndose que da ría de Ferrol dependen máis de 700 familias. Tampouco contan. Din defender a Ferrol, pero o certo e que non lles importa poñer en perigo os empregos que xenera a planta de gas, a central de As Pontes, o porto exterior, ou mesmo a ria. Din defender o naval,e logo en Madrid reclaman a reducción do gasto militar, esquecendo que o que nós facemos son barcos de guerra. Din defender a Ferrol, pero o certo e que seguen instalados no pasado, en contra de calquera avance, seguen nas teimas de sempre que tanto os alonxan da nosa cidade e dos nosos intereses. Sen alternativas. So fan oposición, antepoñendo as estratexias partidistas por riba dos intereses da nosa cidade. Fanlle oposición a Galicia, e tamén a Ferrol.

 

OPOSICIÓN A FERROL

Te puede interesar