Deducción

Seguindo coa análise da conduta lóxica dos partidos políticos, poderíase deducir cal vai ser a reacción do electorado, cando vexa que a súa mensaxe pedindo un goberno de progreso e expresada nas urnas a través de dezasete millóns de votos, non se realiza pola intransixencia dalgúns, de non renunciar aos seus propios intereses, para erradicar a corrupción institucional instalada no Estado español. Que pensará o elector do común? Que a democracia é “un conto chino”? Que a Constitución só serve para  que uns poucos se aproveitan dela? Iso e moito máis poderá deducir o cidadán normal, votante de calquera dos partidos políticos metidos “neste allo”. Mais haberá tamén quen prefira que todo vaia a peor, se non poden acadar o seu “dereito” a gobernar. Porén, cada quen terá que asumir a súa parte de culpa neste asunto, se é que hai culpa en votar a calquera partido, sabendo que o primeiro obxectivo dos partidos políticos é a súa propia supervivencia. Ou non é así?

Deducción

Te puede interesar