TIRANO BANDERAS

Se o PSOE presenta ao seu candidato cunha enorme bandeira española mentres se cuestiona que Alcaldesas sitúen a Castelao no seu despacho. Se o PP e a “progresía” negan a Catalunya o dereito que os “retrógrados” ingleses concederon a Escocia. Se Podemos afirma que a independencia “é un disparate por levar 500 anos de aventura común” evidenciando que para eles, se os pobres que levamos máis de 500 anos de “aventura común” cos ricos exiximos igualdade non é máis que outro disparate, é obvio que a quebra do réxime está moi lonxe de producirse nas próximas eleccións.  Para eles, que descoñecen que aquí chove en horizontal, o Galego seguirá a ser unha lingua riquiña pero secundaria. Seguiremos a tomar leite francés mentres tiramos co noso para que eles garantan os seus postos na UE e chantaxeen a Grecia. Aínda así, hai quen cre que os nacionalistas debemos entregarnos a estas organizacións, nunha escena de autodio que non asinaría nin Valle Inclán.

 

TIRANO BANDERAS

Te puede interesar