A camiñante e a súa sombra

Hai uns anos xurdiu a idea de editar biografías de “españois eminentes”, un proxecto ambicioso porque en España  non hai unha historiografía á maneira doutros países e agás algunhas mencións biográficas de reis ou políticos, moitos españois sobresaíntes carecen hoxe dunha biografía á altura do século XXI. Isto foi o que pensu a fundación Juan March para poñerse mans á obra e cando contactan coa  profesora Anna Caballé para que propoña a unha muller eminente, esta non dubida en mencionar a Concepción Arenal como a más prominente a nivel intelectual das que coñece. Anna Caballé estivo en Ferrol invitada polo Club de Prensa para presentar esa biografía, unha obra que apunta a ser unha  referencia para o coñecemento exaustivo desta eminente ferrolá. Nun Ateneo ateigado de público explicounos que non foi nada doado abordar a biografía de Concepción Arenal polo reservado que era o personaxe, unha muller introvertida de forte e peculiar caracter. Levoulle moito tempo rematar este espléndido traballo que agora temos nas nosas mans logo de non parar de visitar os lugares por onde Concepción Arenal, muller de moita mobilidade, fora deixando as pegadas, comezando pola parroquia de Leiro ( Miño) a onde o seu  pai fora desterrado por poñerse do lado dos liberais. Isto marcou moito a Concepción Arenal que por entón tiña nove anos e que profesaba unha gran veneración polo seu proxenitor.  Con todo coa sua nai era diferente segundo relata Anna Caballé, para a nai Concepción Arenal foi  todo un pesadelo. Teño o libro diante de min e xa ardo en desexos de abordalo polo que a autora da biografía nos adiantou e por coñecer algo máis desta insigne muller, pioneira do feminismo aló no século XIX da que só chegaron a nós algúns tics como aquela frase de “odia el delito, compadece al delincuente” ou que foi visitasora de cárceres ou da súa relación con Doña Emilia Pardo Bazán,  turbulenta, nula “de facto”, como dixo Anna Caballé na presentación do seu libro. O individualismo própio do noso caracter impediu que as propostas reivindicativas coincidentes de Concepción Arenal, Pardo Bazán e mesmo de Rosalía de Castro foran por diferentes camiños. Outra cousa sería se fosen xuntas nestas arelas segundo manifestou Anna Caballé. No posterior refrixerio á presentación seguimos, como non, falando de Concepción Arenal. Pode que este libro a reivindique definitivamente.   

A camiñante e a súa sombra

Te puede interesar