PERSONAXES

Teño a un dos protagonistas da miña última historia, en puridade unha “nouvelle”, “El mundo erótico del sexo”, de vindeira publicación en libro colectivo, un chisco alebrestado. E é que Antero Millán, fotógrafo, exquiosqueiro nunha localidade do noroeste de Madrid, unha vez lido o orixinal (que lle pasei por moi estricta deferencia) pretende introducir cambios da súa colleita na “miña” narración. O nacho argumenta, todo fachendoso, que o personaxe e él, e xa que logo eu debo cinguirme ao que me diga.

Non entende o bo de Antero que se existe, literariamente falando, e porque eu decidín lévalo ao papel. E que a súa biografía, francamente, non ten maior interese que a de calquera cidadán dos que nos atopamos decotío na rúa (ou nas nosas casas). Unamuno nunha das súas “nivolas”, concretamente na chamada “Niebla”, recibe no seu despacho a visita de Augusto, un personaxe seu que se rebela diante da morte que lle ten preparada o seu autor. Don Miguel dille que non hai que lle facer, que vai morrer queira ou non. Augusto chora, ameaza, mais iso non lle sirve de nada.

Eu non son Unamuno, lástima fora, e aínda así cos meus personaxes fago canto me peta, que para iso fun eu quen os criou. O único que Antero Millán tampouco é Augusto, senón un nachiño “de verdade”, que está encantado de aparecer na miña noveleta mais que pretende dictarme tres ou catro cousas da súa vida. E eu, que non, que ata aí podíamos chegar, meu caro amigo.

PERSONAXES

Te puede interesar