ESCALADA

No é igual que aquelas de Bahamontes, pero a escalada do noso anterior alcalde non deixa de ser notable. Estano promocionando de tal xeito, que aparece a cotío nos medios informativos, visitando entidades, anunciando medidas e prometendo montes e moreas. Parece evidente que é un elemento valioso para o PP, despois de acadar en Ferrol unha maioría absoluta que nunca houbera, o que lle serviu para que lle fixeran un monumento e que os xefes do partido reparasen nel. O estraño é que lle encomendasen a representación dos asuntos sociais, tema no que, en Ferrol, acadou un suspenso total. A non ser que sexa para ver se na Xunta consegue rematar con todas as organizacións sociais. Mais nunha cousa saíu gañando Ferrol:  Agora poderá “arañar” cartos para amañar algunhas das Casas Baratas e entregarllas a familias necesitadas. Se é que non segue coa teima de derrubalas, claro, intención na que demostrou unha grande tenacidade, malia que din que naceu aí. E sería por iso?
 

ESCALADA

Te puede interesar