DE MEDOS E FERIDAS

Unha das frases máis repetidas ao longo da historia é aquela que afirma que vivimos tempos escuros. E certamente pon o dedo na chaga do que estamos sufrindo. Ás ameazas das crises repetidas, das guerras insensatas; ao paro que serve de cortina de fume para facer a vida máis precaria a aqueles que sempre viviron en precario e para desmontar os dereitos que custaron construílos deus e axuda, agora hai que engadir os atentados de grupos yihadistas radicais. 
Nada hai máis inxusto que impor o teu pensamento pola forza. Mal se é pola forza das armas, ou polo poder omnímodo de clases dirixentes, ou polo terror causado polas bombas sobre a poboación civil. Sementar medo só serve para recoller colleitas de radicalismo, xenofobia e racismo. A eclosión de accións vandálicas contra mesquitas e outras referencias da poboación islámica poñen de manifesto que a premisa  cúmprese. 
Agora, todos miramos con desconfianza a todos. A maioría só se sinte segura, entre aqueles que recoñece coma iguais e evita calquera cousa que sexa diferente. Na vestimenta, nos rezos ou nos costumes acaban por clasificalos coma diferentes. Xa hai quen está a berrar consignas de que na diferenza está a semente do radicalismo e do terrorismo. E iso tamén é falso e inxusto. Estamos construídos dende a diversidade e da diferenza. O malo do que sucede, non está só nos salvaxes  atentados brutais dalgúns. Está tamén no tempo que será necesario para que a maioría, cure as súas feridas.

DE MEDOS E FERIDAS

Te puede interesar