ESPERTAR A PAUS

As manifestacións, greves e protestas máis temidas por calquera Goberno ou ente dirixente son as que lle dá por facer ao corpo estudiantil. O feito de que sexan individuos que non teñen nada que perder,ninguén lles desconta nada do salario, as converte en perigosas e de final incerto, como ben sabe o PSOE, de aí que agora se sume a elas contra os populares, aínda que durante os seus mandatos tivese ao alumnado en estado catatónico. Moitos recordan a José Blanco desactivando conatos de revoltas por Santiago para non crebar a convivencia, como se dicía naqueles tempos.

Estas protestas de agora disque veñen sendo polos chamados recortes na educación pública, o cal me parece motivo máis que difuso, a non ser que se refira a que a consellería do ramo estableza unha táboa periódica coa metade de elementos químicos, que a historia só chegue ao pleistoceno, para aforrar tempo, ou que os docentes realicen debuxos no ar para non gastar xiz. Se non se trata de iso, os motivos son peregrinos para os alumnos.

As escolas unitarias do rural galego seguen formando parte da paisaxe galaica como as pistas forestais ou os carteis de Biona

 

Por estas terras galaicas iso dos recortes no ten moito predicado nin suxeito, porque moito antes da crise oficial, aquí é perenne, xa se utilizaba outra nomenclatura.

Os gobernos de Manuel Fraga falaban de racionalizar o gasto e o bipartito tiraba de optimizar recursos, o que en idioma natural quería dicir que había que retraer gasto de sanidade ou educación para metelo nun paseo marítimo ou subvencionar unha exaltación popular.

As escolas unitarias do rural galego seguen formando parte da paisaxe galaica como as pistas forestais ou os carteis de Biona. Un recorte permanente en educación do que ninguén se escandalizou nunca ni houbo protestas ni manifestacións, ni cando se deu a idea de meter nun autobús aos rapaces e pasealos polas estradas durante horas para chegar ao colexio. Cada comezo de curso son poucos os centros escolares que non rexistren unha protesta das asociacións de pais en reclamación dun docente de apoio, da reparación dunhas goteiras e similares que ás poucas semanas quedan no esquecemento.

O curso escolar sempre comeza con normalidade, pero non se sabe como acaba.

O bo tempo tal vez animou aos alumnos da parte mediterránea do Reino a protagonizar algunha protesta ou poida ser que o peche de certo servidor de descargas de internet dese máis tempo libre a eses estudantes, pero calquera usuario do sistema educativo séntese máis forte e con ánimos de manifestarse cando ve enfronte aos antidisturbios que se aplican con contundencia na represión. Quen mande ás forzas policiais a reprimir protestas ten que ter presente que está indo contra un ser social que está durmido pola anestesia do PSOE e a ninguén lle agrada que o esperten a paus.

ESPERTAR A PAUS

Te puede interesar