Salarios

Outra das frases sobre as que é necesario matinar é esta do Presidente do Banco Popular: “No se puede permanecer en un modelo de bajos salarios para siempre”. E porque un banqueiro se interesa pola cuestión dos salarios? Será porque ten dificultades para chegar a fin de mes? Será por solidariedade cos traballadores mal pagados? Podería ser, mais semella que a súa preocupación é a de “activar a demanda interna”. Ou sexa, que non é unha cuestión de xustiza social, senón de intereses económicos. Porque con salarios altos, os traballadores poden mercar máis cousas, pedir préstamos ou aforrar algo e todo iso repercute na boa marcha dos bancos e polo tanto, tamén na súa situación profesional e económica. En calquera caso, admite baixos salarios durante algún tempo, porque non vaia a ser que os traballadores se afagan á boa vida o que sería unha catástrofe para os bancos e os banqueiros. Porque non vaia a ser que esquezan quen manda aquí e se poñan “farrucos”. Ou non é?

Salarios

Te puede interesar