En memoria de Amada García

|

Amada García, filla de mariñeiro e redeira, esposa dun traballador do Arsenal, como militante do Partido Comunista e do Sindicato Feminino de Mugardos, participou en mitins a prol da Fronte Popular e na defensa da lexitimidade republicana contra os alzados en Xullo do 1936.Detida polos militares sublevados, foi confinada na súa casa até ser trasladada en abril do 1937 ao cárcere de mulleres de Ferrol. O 31 de outubro, no antigo hospital e baixo vixilancia policial, naceu o seu fillo, Gabriel Toimil García. O 2 de decembro de 1937 foi sentenciada á pena de morte. Na mañanciña do 27 de xaneiro do 1938, no Castelo de San Felipe, con sete dos seus compañeiros (Antonio Eytor Canizo, Jaime González Pérez, Germán López García, José María Montero Martínez,  Ramón Rodríguez López, Ángel Roldós Gelpi, Juan José Teijeiro Leira, veciños de Ares e Mugardos), Amadita, de 28 anos, foi executada “por ser mujer y republicana”.
Mataron a camarada/de nome Amada García/Loitou por social xustiza/co puño que o pobo erguía/Lembramos os compañeiros/que con ela alí morrían. (Rodríguez-Fer)

En memoria de Amada García