Cales son as formas?

ivimos nun momento histórico onde os dereitos das persoas e dos povos no tan nomeado fai uns anos mundo libre, falo de antes da caída do bloque soviético (hoxe so queda Cuba mais, este non representa un problema para occidente, a pesar das leccións en moitos campos dende a educación, investigación ou a sanidade que nos esta a dar ao mal chamado primeiro mundo) están a esmorecer pola presións das elites empresariais. 
Unhas elites as cales, non paran de roubarnos os dereitos moitos deles recollidos na carta de dereitos universales, coa convivencia dos principais partidos politicos, xa que o medo a que o comunismo triunfe é dicir, que as masas de traballadores se levanten, fagan a revolución e instauren un sistema socialista no mundo desenvolvido, é totalmente improbábel, por non dicir imposíbel, algo que antes era un poderoso medo, que facía de contrapeso nas nosas elites empresariais a hora das relacións destes coa clase obreira.
Digo isto polo que estamos a vivir na nosa comarca dende fai mais ou menos 20-25 días, coa folga de traballadores das auxiliares de Navantia. Unha folga onde se está a reivindicar dereitos básicos, como a igual traballo igual salario, entre outras moitas cousas. Un empresariado ao que se lle pide por parte destes traballadores, é que cumpran os acordos firmados no 2001 é dicir, fai 16 anos os cales firmaron, máis nunca cumpriron, co pretexto da crise. Porén desde que comenzou a folga estamos a ver nos medios de comunicación, noticias de todo tipo. 
Se ameazas como, o de afundir economicamente a CIG  (único sindicato que esta a reivindicar e a loitar en solitario, pola  dignidade dos traballadores das auxiliares) xa que hai traballadores que queren traballar e non lles deixan (o tan famoso desde fai un tempo, mal entendido e sobre todo torcideramente  explicado, dereito a traballar) que si non é unha folga legal, que si periga o desenvolvemento desta comarca (aquí perdoen que me ría jejejejejejje; é que teñen ovos perdoen a expresión) xunto coa celebración dun referndum ao mellor estilo da mafiosa oposición venezolana, auspiciado por CCOO, UXT e os patróns das auxiliares coa queima ao final do censo, xa que segundo eles podía haber represalias. 
Máis que os patróns chamen un a un aos traballadores pra que vaian votar, iso non é coaccionar ao traballador. Que unha empresa teña 20 traballadores traballando no estaleiro e voten cerca de150 persoas, eso é un referendum con garantías 
Volvendo ao dereito a folga como medio de loita por parte da clase obreira, este está recollida no artículo 28.2 da constitución española, como un dereito fundamental  “Recoñecese o dereito da folga dos traballadores como medio para a defensa dos seus intereses” e o Tribunal Constitucional tan nomeado ultimamente na súa sentencia constitucional do 11/1981 recoñece o dereito a folga, como “un dereito individual mais, de exercicio colectivo”.
Tamén a declaración universal de dereitos humanos de 1948, no seu artículo 23, en relación co dereito ao traballo di “toda persoa ten dereito ao traballo, a libre elección do seu traballo, a condiciones equitativas e satisfactorias de traballo e a protección contra o desemprego sen discriminación algunha; a igual traballo igual salario”. Isto é, o que significa o dereito a traballar e non como se nos di, o dereito en medio dunha folga a darlle a ferramenta por parte dalgún traballador. 
Porque o realmente escandaloso neste tema, xa que a postura da patronal incluso a de Navantia é lóxica, xa que neste país por desgraza non existen empresarios, o que existen son patróns, o se vostedes o prefieren, amos e non é demagoxia dicir isto, o verdadeiramente escandaloso repito, é a postura dos sindicatos españois. Un sindicatos culpábels do desmantelamento do principal sector produtivo desta comarca, o noso naval, que trouxo consigo desde aquela ata os nosos días, o declive social (económico demográfico ect...) desta zoa da Galiza e que parece aínda que admitiron os seus erros e pediron perdón, parece que o dixeron, xa que falar é gratis. 
Porque nesta folga os sindicatos estatais non se cortaron un ápice en intentar reventala, poñendo se descaradamente ao lado do empresariado e da empresa estatal. Como é censurábel a postura do noso alcalde. Un alcalde e o seu partido, que prometeron se gobernaban, acabar coa vella política do PP e do PSOE( lembransen da horizontalidade, da esquerda rupturista, da Siryza Galega, ben isto ultimo non lles gusta moito que so recordemos. 
Eu apoio a reivindicación, máis non son as formas din os de CCOO e o noso alcalde. Son as formas para vostedes votacións deste xeito?  Porque mire vostede Jorge Varela: se a xente sabe que vostedes ían facer todo o que están a facer, seguramente non os houbesen votado. 
Máis  polo visto tanto para uns como para aos outros, parece que no sector naval, existen dúas clases de traballadores para unha mesma función. 
Uns traballadores con dereitos e un determinado salario e outros traballadores sen dereitos e uns salarios máis baixos, obrigados a facer interminábels xornadas laborais, para poder levarse un salario digno co cal alimentar as súas familias, aos cales, no derradeiro pleno desta cidade o alcalde negoulles a palabra.
Xa para rematar é indudábel que Navantia vai saír prexudicada nesta loita, máis nunha confrontación entre dúas o máis partes, sempre debemos distinguir quen é o opresor e quen é o oprimido. 
O se vostedes prefiren quen é o culpábel e quen é a vítima. Isto é algo que sempre debemos ter ben claro, para que teñamos sempre presente quen ten a razón. 
Poren neste caso Navantia tamén é culpábel de permitir que nas súas instalacións haxa este tipo de conculcacións de dereitos básicos, como é “a igual traballo igual salario”  ademais dos mesmos dereitos para todos, sen distincións de ningún tipo. Sen esquecer, isto é moi importante, que son acordos firmados por todas as partes, os cales, xamais foron cumpridos pola patronal co apoio dos sindicatos estatais fai case 20 anos, o cal xa ten delito.
Mentres tanto e xa remato Srs de CCOO, Sr alcalde, poden dicirnos vostedes cales son as formas?

Cales son as formas?

Te puede interesar